Friday 03 de May de 2024

A Xunta cumpre ao cen por cen co programa de impulso democrático que sitúa a Galicia coma referente da transparencia nas administracións autonómicas estatais


O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda clausurou hoxe o curso “Rexeneración democrática e institucional” na EGAP

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda indicou hoxe que o goberno galego cumpriu ao cen por cen co programa de Impulso Democrático, iniciado o ano pasado, coa aprobación de 5 leis que sitúan a Galicia coma comunidade pioneira en tomar medidas de rexeneración democrática, sendo un referente en transparencia e exemplaridade das Administracións autonómicas.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, clausurou o curso monográfico “Rexeneración democrática e institucional”, que se celebra na EGAP, onde relatou as últimas medidas postas en marcha polo goberno galego en prol da máxima transparencia, tal e coma comprometeu o presidente da Xunta coa aprobación en xaneiro do ano pasado do Programa de Impulso Democrático da Xunta.

En primeiro lugar, Galicia coa aprobación deste paquete lexislativo, converteuse na primeira comunidade que atribúe ao Consello de Contas as funcións de prevención da corrupción, coma órgano de control totalmente despolitizado, ademais os altos cargos galegos son os únicos en toda España que non teñen sufragada con fondos públicos a súa defensa cando estean implicados en un caso de corrupción, tendo ademais totalmente prohibido, baixa ameaza de destitución inmediata, a tenencia de fondos en paraísos fiscais.

A Xunta reforzou o control público das incompatibilidades dos altos cargos, dando coñecemento á cidadanía das actividades que estes realizaran tanto nos dous anos previos como nos dous anos posteriores a ocupar o posto, así como a súa situación patrimonial nos momentos de toma de posesión e de cesamento.

Na mesma liña de máximo control dos fondos públicos, os partidos en Galicia están obrigados a certificar non ter recibido doazóns de persoas físicas relacionadas con empresas contratistas para poder optar ás axudas públicas, polo que deben poñer a súa contabilidade a disposición do Consello de Contas como condicionante esencial para recibir fondos públicos, cun amplo nivel de detalle na información que deben subministrarlle ao órgano fiscalizador.

A cidadanía galega agora conta con mecanismos de participación directa no Parlamento, podendo presentar de xeito directo emendas aos textos lexislativos, proposicións non de lei e preguntas ao goberno. E a partir da próxima lexislatura, o Parlamento galego será o único que permitirá constituír unha comisión de investigación solicitada pola oposición inda que non teña o respaldo da maioría da Cámara. O titular da Vicepresidencia indicou que a nosa comunidade ten limitado a capacidade dos gobernos en funcións regulando tamén a información nos procesos de traspasos de poderes

Melloras na contratación pública
Outro dos eixes claves na posta en marcha da rexeneración democrática na nosa comunidade é a regulación da Plataforma de contratación pública, xa que a transparencia na contratación convértese nunha premisa fundamental, polo que unha axeitada e efectiva transparencia na contratación permite unha xestión máis eficiente dos fondos públicos. A transparencia na contratación pública non só serve para facilitar a información aos licitadores e favorecer a concorrencia e a eficiencia, senón tamén serve para dar información á cidadanía de como se xestiona a contratación pública coa intención de avanzar no dereito a unha boa administración e, por ende, a un control desta a través da rendición de contas á sociedade.

A día de hoxe, a cidadanía galega pode seguir paso a paso todo o procedemento de tramitación dun contrato público, ver os pregos, os compoñentes das mesas de contratación, como se puntúan as ofertas, e as actas de valoración, ademais, dende hai tres anos, é obrigatorio que as dudas que os licitadores plantexan ao órgano de contratación sexan resoltas de forma pública a través da Plataforma, para que non poida haber nin informacións privilexiadas nin tratos de favor.

O ano pasado aprobouse a implantación dunhas cláusulas que garanten un procedemento de segunda ronda, polo que unha vez presentadas as ofertas, os competidores poidan coñecer as características básicas dos seus rivais e poder facer unha contraoferta que as mellore.

Nos vindeiros meses, o goberno galego aprobará un decreto que axudará ás empresas da nosa comunidade a prepararse para concurrir a licitacións públicas, elaborárase unha guía para facilitar que as Pemes poidan optar ás contratacións, ademais de pór a disposición das pequenas e medianas empresas un “Manual de acceso ao licitador” na páxina web da Xunta, co fin de axudarlle a cumprir os requisitos administrativos necesarios.